Revista CEI Cepam
Proxectos

Galeg@s.blog


Galeg@s.blog é un novo territorio web que quere abrir á comunidade de galegas e galegos, inmigrantes en Galicia e emigrantes desde Galicia ao longo e ancho de todo o planeta, a porta para crear entre todos un espazo común de comunicación, creación, opinión, reflexión, información e testemuño sobre aquilo que nos une, a emoción de pertencer a Galicia, e o noso desexo para ela, e para todos, dun mellor futuro.

Un territorio común e libre por construír, de todos e para todos, que grazas á rede disolva as fronteiras, o tempo e as distancias, e admita todas as ópticas e puntos de vista dos que queirades participar, o que cada un teña que dicir, explicar, contar, preguntar, etc.

A ferramenta que ofrecemos para levar a cabo esta construción comunitaria é o blog ou caderno de bitácora dixital, que pomos a disposición de todos de vós, persoa / persoas, sociedade, grupo, asociación, federación, institución, etc; que desexe participar nesta creación

Todos estamos implicados e todos facemos falta.

Participa - Comunica - Comparte


Acceso a Galeg@s.blog

 
image1